CRTVG

Buscar

Galicia, paraíso para os golfiños pola riqueza de recursos para a súa alimentación

Publicado o 31/03/2019 17:55

Só nas Rías Baixas hai máis de douscentos exemplares. Poden vivir ata cincuenta anos e algúns mesmo sobreviviron ao Prestige. A súa época máis crítica son os dous primeiros anos de vida, xa que teñen unha gran taxa de mortaldade infantil. Malia iso, as tres crías nadas a mediados de 2018 continúan gozando da ría da Arousa.

Así de felices son os arroaces na ría da Arousa. En Galicia viven máis de 200 golfiños, sobre todo nas Rías Baixas. Aquí atopan boa alimentación e un hábitat axeitado, o acubillo das rías galegas. O ano pasado, cinco femias tiveron crías na ría da Arousa, tres delas seguen con vida, o que para os responsables do Instituto para o Estudo da Fauna Mariña é esperanzador, xa que estes animais teñen unha elevada taxa de mortaldade infantil ata case os dous anos.

Un golfiño mular ou arroaz pode vivir ata cincuenta anos, son moi críticos os primeiros anos de vida e a súa interacción no mar cos humanos, pero, malia todo isto, varios exemplares mesmo chegaron a sobrevivir á catástrofe do Prestige, segundo puido constatar este instituto dedicado ao estudo e á docencia situado no Grove, que conta con cinco traballadores e o apoio de varios estudantes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/03/2019