CRTVG

Buscar

Segue no aire o acordo de venda das fábricas de Alcoa ao fondo suízo Parter Capital

Publicado o 20/06/2019 20:50

• Xunta e sindicatos pídenlle ao Goberno que fixe un prezo estable da enerxía

Segue sen pecharse o acordo de venda das fábricas de Alcoa ao fondo suízo Parter Capital. Despois de horas de reunión da mesa negociadora, os sindicatos e a Xunta din que falta un compromiso firme do Goberno para baixar o prezo da enerxía. E aseguran que sen el, a venda pecharíase en falso.

Francisco Conde, conselleiro de Economía e Industria, "entendemos que se non hai eses prezos seguros da enerxía o acordo péchase en falso, habería só unha solución provisional, que garantiría o emprego só para dos anos. Nese contexto é onde o Goberno ten que dar respostas"

Juan Carlos Corbacho, presidente do comité de empresa de Alcoa A Coruña, "desconfianza, porque parte do proxecto é unha hipótese, porque o Goberno ten que cumprir unha parte e o novo investidor a outra".

 

Noticias web

20/06/2019