CRTVG

Buscar

Segue fuxido un dos ocupantes da furgoneta accidentada en Santiago

Publicado o 29/11/2019 13:04

En relación coa furgoneta accidentada o mércores en Santiago, a policía continúa a busca dun dos ocupantes. Algunhas testemuñas viron escapar dúas persoas cargadas con bolsas.

As investigacións policiais relacionan eses fuxitivos con dous roubos perpetrados en locais da zona histórica horas despois. Ao parecer, primeiro escacharon o cristal da porta desta tenda de galletas, pero non está claro se lograron roubar algo, e logo estragaron tamén o cristal da porta deste bar onde roubaron o cambio da caixa e a recadación da comecartos. Unha patrulla policial prendeu un dos ladróns no bar, pero aínda busca outro delincuente.

Noticias web

29/11/2019