CRTVG

Buscar

Segue en paradoiro descoñecido un acusado de roubar e acoitelar un home na Coruña

Publicado o 14/02/2019 13:59

O xuízo polo roubo e o acoitelamento dun home nunha casa ocupada da Coruña estaba fixado xa para outubro do ano pasado. Daquela suspendeuse porque un dos acusados estaba en paradoiro descoñecido. 

Hoxe tampouco se presentou, pero o xuízo seguiu adiante contra o outro procesado, que está en prisión preventiva desde hai case dous anos e nega que participara nos feitos A vítima, un cidadán senegalés, declarou por videoconferencia desde Navarra.  Dixo que coñecía os dous agresores previamente e que o invitaron a unha casa ocupada na rúa Barcelona. Cre que se puxeron de acordo para roubarlle 700 euros que acababa de cobrar do paro, un deles pelexou con el e o outro aproveitou para cravarlle un coitelo e apoderarse dos cartos. O acusado enfróntase a unha pena de cárcere de 14 anos por un presunto delito de homicidio en grao de tentativa e outro de roubo con violencia.

Noticias web

14/02/2019