CRTVG

Buscar

Segue en estado crítico a rapaza de 14 anos que caeu dende un segundo piso no Carballiño

Publicado o 13/09/2021 12:03
Segue en estado crítico a rapaza de 14 anos que caeu dende un segundo piso no Carballiño

Segue en estado crítico a rapaza de 14 anos que caeu dende un segundo piso no Carballiño. Familiares, veciños e amigos seguen conmocionados polo suceso.

Segundo transcendeu, no contorno dos adolescentes falan de que o rapaz actuou con premeditación e, ao parecer, mesmo recoñeceu diante dos axentes que quería experimentar o que supoñía matar unha persoa.

O Concello do Carballiño vai poñer os servizos sociais e todos os medios que sexan necesarios para axudar estas dúas familias, para as que pide respecto. Mentres, a Policía Xudicial continúa coas investigacións, e seguen abertas todas as hipóteses. O rapaz segue tutelado polos seus pais. Está no hospital de Ourense, á espera dunha avaliación psiquiátrica. 

Noticias web

13/09/2021