CRTVG

Buscar

Segue en estado crítico a rapaza do Carballiño que caeu dun segundo andar

Publicado o 12/09/2021 18:40
Segue en estado crítico a rapaza do Carballiño que caeu dun segundo andar

Continúa en estado crítico a nena que caeu dende un segundo piso no Carballiño. A rapariga, de 14 anos, está ingresada no hospital de Ourense e dentro do período de 72 horas posteriores á caída, que son claves na evolución deste tipo de traumatismos.

Tamén no hospital está o seu suposto agresor, de 13 anos, que se atopa á espera dunha avaliación psiquiátrica. A Garda Civil trata de esclarecer se o menor obrigou a rapaza a tirarse logo de ameazala ou se foi ela quen saltou para evitar ser agredida. No Carballiño sucédense as mostras de dor polo acontecido.

Noticias web

12/09/2021