CRTVG

Buscar

Segue baixando o número de participantes nos cribados poboacionais

Publicado o 09/08/2021 14:59

Para o cribado poboacional celebrado o sábado en Ames estaban convocados 1.950 mozos e mozas de entre dezaseis e vinte e nove anos. Dos 1.950 que podían ir, só foron algo máis de sesenta. Cinco deron positivo. En liñas xerais, non están acudindo nin a metade dos convocados a estas probas que se organizan en zonas con incidencia especialmente elevada de contaxios. O motivo das ausencias será variado e persoal pero hai algunha hipótese.

Unha podería ser que moita xente está de vacacións e non vai ao cribado porque está fóra do seu lugar de residencia habitual. Outra hipótese sería a de que moitos queren evitar un obrigado confinamento de dez días se sae positivo en coronavirus, aínda que asintomático. A calquera idade, se se está vacinado ou non, non importa, os sanitarios lembran que hai que ir aos cribados cando somos convocados. Facelo é básico para poder controlar e frear a transmisión do coronavirus.

Noticias web

09/08/2021