A afluencia de peregrinos no Camiño segue medrando
Publicado o 01/07/2019 14:22
Ao son da gaita comezan a entrar os primeiros peregrinos de xullo na praza do Obradoiro, cerrando o mes de xuño cun balance positivo. 49.066 persoas chegaron a Santiago neste pasado mes, e foron o Camiño Francés e o Portugués os máis populares.
En xuño do ano 2010, o último ano Xacobeo, rexistráronse 33.757 peregrinos, 15.000 menos que en xuño deste ano. Dende entón, as cifras continúan a ascender e tanto os responsables dos albergues como peregrinos que repiten a experiencia notan este aumento.
Agárdase que nos meses de verán continúe a tendencia á alza no número de peregrinos.