CRTVG

Buscar

Segue aumentando a demanda de máscaras malia que as autoridades non recomendan o seu uso

Publicado o 03/03/2020 20:52

O desabastecemento de máscaras segue avanzando malia que as autoridades sanitarias non recomendan usalas cando a persoa está sa.

Nunha empresa de Oleiros dedicada á subministración de máscaras de uso industrial están rebordados pola demanda de pedidos que lles chegan de diferentes países.

Desde o inicio da crise do coronavirus os pedidos de máscaras non fixeron máis que medrar nesta empresa de Oleiros. Recibiron pedidos por cantidades que chegan aos 60 millóns de máscaras, 20 veces o que antes despachaban nun ano.

Priorizan os seus clientes de sempre porque precisan as máscaras para uso profesional, pero os pedidos son de todo tipo.

As máscaras fabrícanse na China e noutros países asiáticos que teñen restrinxida ou prohibida a exportación de produtos deste tipo, polo que non poden dar resposta a tanta demanda. E o desabastecemento do mercado está a xerar picaresca nos prezos.

O Ministerio de Sanidade insiste en que un uso inadecuado pode contribuír a un desabastecemento de máscaras naquelas situacións para as que si están indicadas.


 

Noticias web

03/03/2020