CRTVG

Buscar

O 60 % dos convocados participa no segundo cribado masivo na Coruña

Publicado o 13/03/2021 20:39

Segundo día do segundo cribado masivo que se fai na Coruña para frear os contaxios. É a área sanitaria á cabeza en casos activos, cun 38% dos que se rexistran en Galicia.

 "A verdade é que é raro que a área da Coruña teña tantos positivos, e que case ten máis casos que toda Galicia xunta", reflexiona un veciño.

Nesta ocasión a busca de asintomáticos faise a través de probas de saliva. Empezaron o venres e ao longo de sete días están citadas 153.000 persoas para que pasen pola explanada do pavillón de deportes de Riazor a recoller o material. 

"Teñen que cuspir ata a etiqueta branca, pola mañá en xaxún e entregaríano no mesmo día que o fan na carpa que temos aí ao lado", explica a coordinadora do cribado. "O procedemento é moi sinxelo e téñeno moi ben montado. Non ten complicación para quen queira participar", puntualiza un dos convocados.

O cribado estase facendo entre veciños de 18 a 60 anos. Na xornada do venres acudiu o 60% dos convocados.

Noticias web

13/03/2021