CRTVG

Buscar

Segue activo o incendio de Lobios e está controlado o de Muíños

Publicado o 11/08/2020 14:59

Segue activo o incendio rexistrado no concello de Lobios, en que faleceu o piloto dun hidroavión a fin de semana pasada. As lapas arrasaron aquí polo de agora 420 hectáreas do parque natural Baixa Limia Serra do Xurés.

No mesmo espazo protexido están controlados outros dous incendios na parroquia de Requiás, no concello de Muíños. Aí arderon outras 50 hectáreas. Quedaron extinguidos nas últimas horas os de Lobeira, tamén no parque natural do Xurés, o de Toén e o de Chandrexa de Queixa, con case 250 hectáras de monte afectado polas lapas.

Noticias web

11/08/2020