CRTVG

Buscar

A Fundación Catedral fai as probas diagnósticas para eliminar as pintadas

Publicado o 13/03/2019 18:30

A Policía Nacional investiga a autoría das pintadas na catedral de Santiago, é a brigada local da Policía Xudicial a encargada desta investigación. Polo momento non hai novidades. 
En canto á reparación dos danos causados, será a Fundación Catedral a que realice os labores de limpeza. Un equipo técnico está levando a cabo xa probas diagnósticas e valorando cales poden ser os tratamentos máis axeitados para eliminar estas grafías. De todos os xeitos, non se poderán emprender estes traballos ata que o tempo o permita, xa que a pedra ten que estar seca para iniciar as tarefas de restauración. 

Daniel Lorenzo, director da Fundación Catedral: "O problema non é tanto o custo da limpeza. Non é barata, pero non é o asunto principal. Evidentemente, os traballos de limpeza desta alteración, que é un dano químico e que non é unha costra negra ocasionada pola humidade ou pola chuvia nun paramento pétreo. Isto é distinto, é algo químico e vai esixir un tratamento de limpeza que pode precisar de compoñente químico. Certamente, isto ao granito non lle favorece nada".

"Creo que o coñecemento desas persoas, que se saiba quen son e que se inciten a
que a partir de agora tomen conciencia de que hai que manter o patrimonio, que non se pode degradar".

Noticias web

13/03/2019