CRTVG

Buscar

Segue a medrar o gromo de Monforte e o de Lugo detectado nun pub

Publicado o 25/08/2020 14:46

Os monfortinos frean a súa actividade diaria ante o aumento nas cifras do gromo que afecta a cidade. Cinco positivos máis nas últimas horas que elevan a 77 os casos activos. Xa se realizaron preto de 500 PCR. A preocupación nótase na rúa e nos negocios que moitos seguen co enreixado baixado.

"Hai menos movemento a xente ten medo", dinnos na rúa.

Do gromo de Monforte procede tamén o primeiro positivo da residencia do Incio. A situación aquí está estable. Mantense o número de 64 contaxiados. Nas últimas horas detectáronse dous novos positivos fóra da residencia no cribado que se fixo entre a poboación. Son casos relacionados cos traballadores da residencia e que polo tanto xa estaban en corentena.

En Lugo continúa o rastrexo dos asistentes á festa neste pub onde se orixinou un gromo que afecta xa 23 persoas, 8 máis ca onte. Sanidade habilitou a dirección de correo eléctrónico nochedel15deagosto@gmail.com para que se poñan en contacto coas autoridades sanitarias e realizarlles as probas PCR.

Noticias web

25/08/2020