CRTVG

Buscar

Segue a lea institucional no Barcelona

Publicado o 12/04/2020 14:30

O Barcelona podería convocar mañá a súa xunta directiva coa mirada posta na enésima crise institucional do club. Nesa xuntanza, que se fará de forma telemática, poderían barallarse os nomes dos substitutos dos seis dimitidos esta semana. A xunta debe contar polo menos con catorce membros para cumprir cos estatutos. Tamén se debaterá sobre as graves acusacións do ex-vicepresidente Emili Rousaud e as medidas legais que poidan adoptarse. Lembren que o delfín de Bartomeu falou de corrupción no club. Segundo publica o diario Sport, a auditoría independente que examina as contas do Barça, aínda non rematada, conclúe que, para evitar o control interno, o club fraccionou os pagamentos á consultoría á que se lle atribúen contas falsas para difamar os xogadores. Tamén asegura que se lle pagaron prezos moi por riba do valor de mercado.
 

Noticias web

12/04/2020