CRTVG

Buscar

Segue a investigación do caso de Nerea Añel tras confirmase que os restos óseos atopados pertencen a ela

Publicado o 17/09/2020 14:12

As probas de ADN confirmaron as peores sospeitas, que os restos óseos do cadáver que atoparon nesta zona ao carón do Regato dos Muíños, en Barbadás, pertencen a Nerea Añel. A moza de Ourense de 26 anos fora vista por última vez o pasado 20 de xaneiro neste motel a uns 200 metros do lugar onde apareceron os restos. Foi o can dunha parella o que os atopou semisoterrados pola maleza. A noticia ten conmocionada a cidade de Ourense.

A familia, moi afectada, non quixo facer declaracións, pero tanto coñecidos como as súas amizades piden agora que a investigación policial resolva o caso e se poida saber como morreu.

Continúa a investigación e por agora os restos non van poder ser entregados á familia ata que se realicen novas probas que determinen a causa da súa morte. As análises estanse realizando no laboratorio de criminalistica da Dirección Xeral da Garda Civil en Madrid, os resultados axudarán a resolver se a súa morte puido ser violenta.
 

Noticias web

17/09/2020