Xornada sen rexistro de falecidos con menos de 2.000 infeccións pola covid en Galicia
Publicado o 05/06/2021 20:38
• Descenden os casos activos ata os 1.945 (-107)
• Diminúen tamén os enfermos en hospitais, hai 84 (-14)

A curva da incidencia da covid en Galicia segue a manter a estabilidade cunha tendencia á baixa nos indicadores principais. Os enfermos hospitalizados mantéñense por baixo dos cen.
Así, con datos das 18 horas do venres, son 84 as persoas ingresadas, 14 menos que a xornada anterior. A presión asistencial cae, con 71 pacientes en cama convencional, que son 12 menos que o xoves, e tamén nas UCI, con 13 persoas que precisan asistencia en agudos, dúas menos.
Os casos activos diminúen e xa son menos de dúas mil as persoas co virus, 1.945, que son 107 menos que a xornada precedente. E os contaxios seguen a manterse no cento diario pero nesta xornada cunha lixeira suba, xa que son 15 máis e detectáronse 106 positivos.
A cifra de falecidos despois de rexistrar dúas vítimas máis o venres pola noite é de 2.426 persoas durante a pandemia en Galicia.
Situación por áreas sanitarias
As infeccións activas baixan en todas as áreas sanitarias nesta xornada e Vigo segue a ser a que ten máis persoas co virus, 534. OS contaxios soben en Vigo, A Coruña e en Lugo. E canto á presión asistencial Ourense ten as UCI baleiras despois de que o Universitario de Ourense chegara a ser o que tivo máis pacientes nestas unidades na pandemia en Galicia.
A Coruña: 342
Ferrol: 108
Lugo: 245
Ourense: 159
Pontevedra: 222
Santiago: 355
Vigo: 534