CRTVG

Buscar

Segue a busca infrutuosa do octoxenario desaparecido en Poio

Publicado o 14/11/2017 13:54

Hai outra busca en marcha. En Poio, o que falta dende o domingo á tarde é Francisco Rodiño, un home de 84 anos. Están a rastrexar camiños e monte da zona do Muíño, onde ten a casa e desde onde saíu para o seu paseo hai case corenta e oito horas.

Familiares, veciños e efectivos de urxencias retomaron esta mañá a busca de Francisco Rodiño Ucha polos arredores do Muíño, o lugar do concello de Poio onde reside o octoxenario desaparecido este domingo.

Gardas civís e membros da Policía Local e de Protección Civil están a percorrer en grupos as zonas polas que Francisco adoitaba pasear. Tamén participan voluntarios con can e a cabalo, despois dun luns intenso de busca sen resultado positivo.

 A Francisco Rodiño vírono por última vez sobre as catro da tarde do domingo. Esa mesma noitiña saíron na súa busca. Esta mañá seguia o rastrexo a pé polo Muíño, Campañó e Fragamoreira, coa sospeita de que non puido ir moi lonxe.

A busca desta mañá tampouco deu resultado positivo, polo que, tras a parada para xantar, os participantes no rastrexo volven saír pola tarde.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/11/2017