CRTVG

Buscar

Segue a busca dun home de Ribeira de Piquín que leva desaparecido dende o venres

Publicado o 02/08/2020 11:32

A desaparición do home parece ser que foi voluntaria. Ía canda un familiar en coche e apeouse nun momento determinado. A pesar de que o seu achegado tentou seguilo, houbo un punto en que o perdeu. Á mañá seguinte, o propio desaparecido comunicaba onde estaba, pero non houbo éxito.

O home desaparecido é veciño da zona e coñecedor do lugar. Os medios de busca afánanse para dar co seu paradoiro, pero a gran cantidade de camiños e a frondosidade do monte póñeno difícil.

O desaparecido é veciño de Ribeira de Piquín, ten arredor de corenta anos, está a tratamento psiquiátrico e ten unha incapacidade recoñecida.

Na súa busca participa a Garda Civil, Protección Civil e gardas forestais, ademais de veciños e voluntarios. Tamén houbo un helicóptero do 112.