Segue a busca do home desaparecido en Viveiro
Publicado o 18/12/2019 12:14
En Viveiro familiares e amigos seguen a buscar a Alejandro Meitín, de 34 anos, do que non se sabe nada dende a madrugada do domingo, tras asistir a unha cea de empresa.
Os axentes que investigan a desaparición pedíronlle permiso ao xuíz para rastrexar tanto a posición do teléfono móbil coma os movementos que poida haber na súa conta bancaria. Todas as hipóteses están abertas, desde un posible accidente ata unha marcha voluntaria. Nas últimas horas fíxose unha batida na contorna do restaurante onde o viron por última vez. Tamén interrogaron os asistentes á cea para tratar de reconstruír os pasos que puido dar.