CRTVG

Buscar

Segue a busca do dron e do operador do aparello que obrigou a pechar Baraxas o luns

Publicado o 04/02/2020 19:33
Segue a busca do dron e do operador do aparello que obrigou a pechar Baraxas o luns

Segue aberta a investigación sobre o segundo incidente que se viviu onte en Baraxas, o peche do espazo aéreo pola presenza de drons. A garda civil mantén o operativo de busca para localizar o aparello e o operador. Na investigación traballan axentes da unidade de drons da propia garda civil e tamén membros da policía nacional. Se a investigación conclúe que o implicado ou implicados o fixeron intencionadamente poden ser detidos. As multas oscilan entre os 90.000 e os 225.000 euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/02/2020