CRTVG

Buscar

Segue a busca das nenas desaparecidas en Tenerife canda seu pai

Publicado o 10/05/2021 14:41

A Garda Civil desbotou que as dúas nenas desaparecidas canda seu pai en Tenerife estivesen en Cádiz, tal e como asegurou unha testemuña. 

Os investigadores manteñen abertas todas as hipóteses sobre o seu posible paradoiro. Por un lado, analizan os contactos comerciais que o pai, Tomás Gimeno, tiña en América do Sur, pero non se desbota tampouco que puidese fuxir a Cabo Verde coas nenas, de 1 e 6 anos de idade.