CRTVG

Buscar

Segue a busca da embarcación que golpeou mortalmente un mergullador en Portonovo

Publicado o 02/07/2019 14:09

A Garda Civil investiga a morte dun mergullador en Portonovo, na zona de punta Cabicastro. En concreto, buscan unha embarcación de recreo que lle pasou por enriba e que supostamente se fugou. O falecido é un veciño de Vilagarcía de 36 anos.

Ademais deste caso, os servizos de emerxencias de Sanxenxo tiveron que atender outro accidente moi semellante minutos antes.
Ás seis da tarde, os servizos de emerxencias recibían o primeiro aviso. Un submarinista ferido cerca da praia de Canelas.

Ás seis da tarde, os servizos de emerxencias recibían o primeiro aviso. Un submarinista ferido cerca da praia de Canelas.

Este segundo accidente era máis grave. Dous mergulladores pescaban na mesma zona. Estaban na auga coa súa localización ben señalizada. Unha embarcación de recreo golpeou un deles.

O home estaba en parada cardiorrespiratoria. A rápida actuación dos socorristas e dos servizos de emerxencias non foi suficiente e morreu. Tiña 36 anos e era veciño de Vilagarcía.

Os axentes buscan a lancha pola zona, na que parece ían dúas persoas e é de cor branca.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/07/2019