CRTVG

Buscar

Segue a busca da avioneta desaparecida na zona de cala Sant Vicenç, Mallorca

Publicado o 13/06/2018 15:00
Segue a busca da avioneta desaparecida na zona de cala Sant Vicenç, Mallorca

Os servizos de Emerxencia continúan este mércores a procura por terra, mar e aire dunha avioneta de extinción de incendios forestais desaparecida pola zona de cala Sant Vicenç este martes.

Segundo informou este mércores en conferencia de prensa o conseller de Medio Ambiente, Agricultura e Pesca, Vicenç Vidal, o piloto da avioneta atopábase realizando un voo rutineiro de vixilancia cando o seu rastro se perdeu ás 18.08 horas.

De momento, non se atopou ningún indicio nin rastro do avión. Aínda que o operativo está dirixido cara ao mar e, por tanto, pediron a Delegación de Goberno a activación dun barco da armada por se a aeronave se atopa a certa profundidade no mar.

A central de coordinación de incendios forestais rexistrou o último contacto coa avioneta e, ao constatar a perda de contacto, iniciouse o operativo de procura aérea con dous helicóptero e unha avioneta da Consellería de Medio Ambiente e un helicóptero da Garda Civil.

Ademais, posteriormente outro avión do Exército do Aire desprazouse desde Zaragoza cara a Mallorca para reforzar a procura da avioneta, informou o Servizo de Emerxencias 112.

O piloto ten 46 anos, está solteiro e é natural onubense. Vidal destacou que se trata dun home con moita experiencia en horas de voo e na intervención na extinción de incendios forestais.

Igualmente, o conseller de Medio Ambiente detallou que fai traballo nas Illas desde hai cinco anos nas campañas contra incendios forestais, polo que é "plenamente coñecedor" do litoral balear e con "moita experiencia".

Voo rutineiro

O avión é un aparello de extinción, un Air Tractor, de carga en terra, con base ao aeródromo de Son Bonet da empresa Martínez Ridao, con contrato coa Consellería ata o 2020.

Pola súa banda, o xefe de servizo de xestión forestal, Luis Berbiela, explicou que o operativo de incendios forestais da comunidade autónoma conta con diversos avións que ademais de voos de extinción tamén teñen programadas misións de vixilancia.

Neste caso, atopábase realizando unha vixilancia ordinaria pola ruta número 3  Tramuntana. A aeronave despegou ás 17.23 do Aeroporto de Son Bonet e foi contactado cando sobrevoaba  Valldemossa comunicando con normalidade coa central de incendios. Pasadas as 18.00 horas pérdese o contacto e iníciase o procedemento de perda de comunicación con aeronave.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí