CRTVG

Buscar

Segue a aumentar o gromo detectado en Sarria

Publicado o 28/06/2021 13:37

O gromo de Sarria segue a aumentar. Con 31 positivos detectados, rexistra xa 232 casos activos por cada 100.000 habitantes. Trátase do único concello galego no nivel alto de restricións, polo que os locais hostaleiros só poden abrir as súas terrazas ao 50 por cento da súa capacidade. Por se fose pouco, esta situación epidemiolóxica coincidiu coas festas patronais.

"Os restaurantes están enfastiados, ao igual cós bares. Estaban empezando a levantar cabeza e agora volve para atrás. Isto é tremendo. Non houbo festas!". "Nos bares non se pode estar dentro, só un pouquiño nas terrazas. Non temos coidado e é o que pasa se non sabemos ser responsables". "Polas restricións, a xente algo de medo ten. Estabamos ben e con este gromo parece que imos para atrás outra vez", quéixanse os veciños.

Co fin de detectar os positivos asintomáticos, máis de 500 persoas inscribíronse para un cribado no pavillón dos institutos de Sarria. Ademais, nas farmacias da vila pódense realizar probas rápidas. A maior parte dos contaxiados en Sarria residen nun mesmo edificio da céntrica rúa Calvo Sotelo.

Noticias web

28/06/2021