CRTVG

Buscar

Segue a alerta laranxa por mal tempo en todo o Cantábrico

Publicado o 05/11/2019 13:42

Son trece as comunidades autónomas que hoxe seguen en alerta por mor das fortes chuvias, ondas e vento. O risco máis importantes segue estando en todo no Cantábrico, onde se agardan ata corenta litros por metro cadrado. Unha forte treboada anegou esta mañá algunhas rúas de Xixón e sorprendeu a peóns e condutores.

Ademais, agárdanse refachos de vento de 90 quilómetros e ondas que poden acadar os sete metros de altura.

Fóra do Cantábrico, outras nove comunidades autónomas están en alerta amarella por refachos de vento forte.

Noticias web

05/11/2019