CRTVG

Buscar

Segundo os cálculos de Endesa, o recibo da luz seguirá subindo

Publicado o 27/07/2021 19:11
Segundo os cálculos de Endesa, o recibo da luz seguirá subindo

A compañía eléctrica, despois de presentar os seus resultados económicos semestrais cunhas ganancias de máis de 800 millóns de euros, calcula que os prezos da eletricidade no mercado grosista seguirán disparados ata fin de ano e todo o ano que vén Segundo os cálculos de Endesa, os clientes pagarán neste 2021 135 euros máis ao ano pola factura da luz.

Malia as condicións adversas do mercado que levou a duplicarse o prezo da electricidade no mercado grosista, a empresa reafirmou os seus obxectivos para este exercicio. Endesa agarda unha normalización progresiva das condicións do mercado para o segundo semestre do ano.

Noticias web

27/07/2021