CRTVG

Buscar

Seedorf: "Lucas non ten que ser o salvador da patria"

Publicado o 08/03/2018 16:43

O Deportivo examínase ante o Xirona, equipo revelación da liga

Se rematase agora a liga, o Xirona terá a oportunidade de xogar en Europa.

É a consecuencia dunha temporada excelente. O Xirona ocupa o sétimo lugar tras gañar na última xornada en Vilarreal. Un equipo que xoga de memoria, coa particularidade de actuar con tres centrais. Un rival de altura para un Deportivo que non quere desesperar.

Seedorf mantén a confianza en Lucas Pérez

A novidade no equipo debería ser Pedro Mosquera. O capitán entraría por Çolak. O resto do once, con Rubén na portería, o que empatou co Eibar en Riazor. Lucas Perez, aínda que leva máis de tres meses sen marcar, mantén a confianza de Seedorf.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/03/2018