CRTVG

Buscar

Seedorf cancela o adestramento para atopar resposta ao acontecido en Vitoria

Publicado o 19/02/2018 09:55

 

No Deportivo non están para bromas. Onte Seedorf cancelou a sesión de adestramento que estaba prevista. Foi un día de reflexión. Un día para tentar atopar respostas ao acontecido en Mendizorroza. Seedorf, con todo, ve algo de luz ante unha afección resignada.

O Deportivo volveu traer de terras vascas unha pesada carga de derrota e pesimismo. O desánimo calla na afección coruñesa, á que tralo visto en Mendizorrotza cústalle conservar esperanzas de permanencia. 

O deportivismo caeu abatido polo gol de Munir e pola imaxe do equipo, especialmente pobre na segunda parte. Poucos xestos para albiscar capacidade de reacción.Ante o Alavés, Clarence Seedorf viulle algún trazo positivo ao equipo e o optimismo do adestrador reforzouse cos tropezos dos rivais directos. A falta de 14 xornadas o certo é que a distancia coa zona de permanencia é só de 3 puntos. 

Moitas destas opcións de salvación, pasarán pola visita do Espanyol este venres a Riazor. 

Noticias web

19/02/2018