CRTVG

Buscar

O sector turístico galego mira con esperanza cara á temporada de verán

Publicado o 31/05/2020 18:00

O sector recupera a esperanza de salvar a campaña de verán e prepárase para recibir os primeiros turistas. As reservas animáronse nos últimos días e Galicia preséntase como un destino seguro.

O hotel Zenit Vigo do inicio da Gran Vía é a excepción do sector hosteleiro, xa está aberto desde o venres 22. Non hai servizo de almorzo nin comedor. De momento, a atonía é case total no sector. Agardan o permiso de desprazamentos interprovinciais e que a flexibilización dos ERTE non sexa tan lesiva economicamente como está previsto.

O hotel Bahía abrirá contra finais de xuño e irá implementando almorzos e xantares. Sanxenxo semella outra nestas datas cos case douscentos hoteis pechados e perdida a primavera, o ambiente é de incerteza aínda que se afronta con ilusión. Joaquín abriu o seu restaurante hai tres días e está moderadamente satisfeito

Os hoteis de Sanxenxo poderían abrir a mediados de xuño con todas as cautelas, xa que as reservas se van estabilizando. O sector bota de menos a interlocución co Goberno central e está preocupado pola rendibilidade dos negocios.

Noticias web

31/05/2020