CRTVG

Buscar

O sector naval galego agarda volver ao traballo pasada a Semana Santa

Publicado o 29/03/2020 14:19

O sector do metal xera en Galicia 67.000 empregos. Estes días están involucrados tamén na loita contra o coronavirus, elaborando 11.000 pantallas de proteción, e non desbotan elaborar tamén repiradores e batas coa colaboración do téxtil galego.
A paraxe aínda que necesaria suporá unha freada que o sector desexa que non se alongue máis alá dun mes.
No sector galego hai xa entre ERE e ERTE 150 procesos pechados e estábanse a negociar outros 300. O sector confía en poder volver ao traballo pasada a Semana Santa, que era tamén a expectativa do grupo PSA Peugeot Citröen.

Noticias web

29/03/2020