CRTVG

Buscar

Seat propón un expediente de emprego temporal para 7.000 traballadores de Barcelona

Publicado o 26/11/2019 14:51

Problemas na planta automobilística de Seat en Barcelona. A dirección da empresa acaba de comunicarlles aos sindicatos a súa intención de poñer en marcha un expediente de regulación temporal de emprego que afectaría uns 7.000 traballadores.

A orixe está na falta de subministracións provocada polo incendio na subcontrata provedora dos cadros de mandos. Ata o de agora deixáronse de fabricar 12.000 coches e témese que a cantidade total supere os 25.000.

Noticias web

26/11/2019