CRTVG

Buscar

Se un alumno ten síntomas durante a ABAU, faráselle unha PCR de urxencia

Publicado o 11/02/2021 15:58

A pandemia vai marcar tamén as probas da ABAU de acceso á universidade este ano. O protocolo establece a obligatoriedade de facer ringleiras para acceder individualmente á aula. Tamén o uso do xel hidroalcólico e distancias.

Os alumnos deixarán tres asentos de separacion e só se ocupará un cuarto da aula, que se ventilará con frecuencia. Ademais o pupitre será sempre o mesmo.

A máscara vai ser obrigatoria en todo momento. Haberá unidades de reposto nas clases, que tamén van contar con xel, panos de papel e bolígrafos, xa que non se poden pedir prestados.

Pedro Amas, presidente da CIUG, explica que se un alumno presenta síntomas durante o exame, será illado e faráselle unha PCR de urxencia. 

As mochilas xa non se van amorear na entrada da aula. Para evitar contacto, cada alumno terá a súa ao seu carón, iso si, sempre á vista do profesor.

Noticias web

11/02/2021