CRTVG

Buscar

Yolanda Díaz (Galicia en Común): "Se Sánchez non muda de posición vai ir a unha investidura frustrada"

Publicado o 23/07/2019 10:16

Yolanda Díaz, deputada de Galicia en Común no Congreso, explicaba esta mañá ás portas da cámara baixa que na sesión de investidura non é relevante a dureza dos debates, senón que o importante son os acordos aos que se se están dispostos a chegar.

A deputada integrada no grupo de Podemos insistía en que están dispostos a negociar o que quere a cidadanía e que a cidadanía o que quere é un goberno de coalición e un goberno de progreso e engadiu que "se o Partido Socialista está disposto a negociar, nós estamos dispostos a sentarnos".

Tras a sesión de onte, o pacto Iglesias-Sánchez parece que está no aire. Yolanda Díaz lembráballe esta mañá ao candidato a investidura, Pedro Sánchez, diante do micrófono de Televisión de Galicia, que non ten maioria absoluta e que "se non muda de posición, vai ir a unha investidura frustrada".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/07/2019