CRTVG

Buscar

Parte en dous o cargueiro que causou a vertedura de petróleo nas augas de Mauricio

Publicado o 15/08/2020 18:30

O mercante que está varado desde o 25 de xullo nos arrecifes de Pointe d'Esny, fronte á costa sueste de Mauricio, e que esparexeu nas súas augas 800 toneladas métricas de cru, partiu en dous este sábado.

Na adega do cargueiro, de propiedade xaponesa e bandeira panameña, quedaban 166 toneladas de cru por bombear. Descoñécese se se chegou a tempo de extraer esa cantidade do barco ou non. A fractura no casco chega ao 75 por cento.

Queda por coñecer se a ruptura produce un novo derramamento nas augas destas paradisíacas illas. Os voluntarios que traballaban e colocaban barreiras xa non se poden aproximar á zona e o goberno pediu que cesen as actividades de limpeza. Os equipos de rescate tratan de arrastrar mar a fóra pouco a pouco a proa coa axuda de tres remolcadores, co mar embravecido.

A zona afectada pola vertedura é unha rexión de arrecifes e coral, que levaban 15 anos rehabilitándose e cunha gran diversidade mariña e terrestre. As estimacións falan de dez anos para que e ecosistema mariño se pareza ao que era antes do accidente.

Noticias web

15/08/2020