Scouts de Ourense participan na recuperación dos montes de Palmés
Publicado o 23/01/2016 14:56
Os cativos puideron coñecer os efectos do lume sobre o terreo e a fauna, e e aprenderon a plantar árbores que axudarán a repoboar a zona.
Guiados por un axente forestal do distrito XII os rapaces do grupo Scout Ilex puideron coñecer sobre o terreo os danos que deixou o lume nos montes da parroquia ourensá de Palmés. E eixadas en man aprenderon como plantar árbores autóctonas como o carballos, freixos e pradairos. En planta e en semente.
Ao longo do día plantará preto dun cento de novas árbores que axudarán a recuperar un dos mellores bosques do Concello de Ourense.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí