CRTVG

Buscar

Schulz presenta a súa dimisión con efecto inmediato como presidente do SPD

Publicado o 13/02/2018 22:13

Martin Schulz presentou esta tarde a súa dimisión con efecto inmediato como presidente do Partido Socialdemócrata alemán e propuxo como sucesora a xefa do grupo parlamentario no Bundestag, Andrea Nahles. Schulz dixo que con esta decisión pretende iniciar a renovación do partido e que os seus afiliados deixen as disputas internas sobre os cargos, para centrarse en estudar e avalar o acordo de Goberno con Merkel. Os malos resultados electorais e os seus cambios de parecer sobre a Gran Coalición obrigárono a renunciar a ser o ministro de Exteriores e a deixar a dirección do partido.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2018