CRTVG

Buscar

Óscar quere mudar a faciana do Celta en Vilarreal

Publicado o 16/11/2019 12:35

Algo muda no Celta cando Iago deixa que Olaza lance unha falta no Camp Nou tralo seu erro no primeiro tiro.

Lucas Olaza, R.C. Celta. "Iago é un gran lanzador, pero xa me dixera que igual me deixaba algunha falta".

Pero con Óscar no banco mudaron máis cousas...

Lucas Olaza, R.C. Celta. "Con Óscar temos un cambio de actitude, non chega so coa calidade".

E máis do outro significa...

Brais Méndez. R.C. Celta. "O míster pídenos que sexamos máis agresivos e presionantes".

Logo dun ano sen gañar fóra o Celta regresa á Cerámica, onde están agardando.

Asenjo.Vilarreal C.F. "O Celta ten grandes xogadores e virá moi motivado".

Mentres o Celta vai recuperando efectivos, o balón descansa ata o próximo domingo que volverá a rodar en Vilarreal.
 

Noticias web

16/11/2019