CRTVG

Buscar

Óscar mete na convocatoria a Bradaric e agarda que o Celta troque a mentalidade

Publicado o 25/01/2020 15:12

Filip Bradaric, internacional croata, foi o elixido para substituír a Lobotka. Chegou cedido, adestrouse hoxe na Madroa e xa entrou na convocatoria, xunto co recuperado Hugo Mallo, para recibir o Éibar nun partido chave. Iso si, se lle chega o tránsfer para debutar non sería titular, porque ven sen ritmo do Hajduk Split.
Mentres chegan os papeis de Bradaric e comproban o estado físidco de Gabriel Fernández, que non completou o adestramento, o principal troco que debe dar o equipo está na cabeza. Óscar asegura que "desde o primeiro día intentei cambiar a metalidade do equipo".
Se os xogadores melloran en confianza, os resultados chegarán. "Os resultados chegarán a partir do rendemento" comenta Óscar García.
Detalles como gañar os balóns divididos ou contol das mans na área. Como comenta o catalán "cando hai disparos falamos de posicionar ben o corpo para evitar penaltis". Rival directo, o Eibar, con dous a cero na ida, o partido de mañá recende a final.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/01/2020