CRTVG

Buscar

Óscar Graña e Diego Romero conquistan o ouro

Publicado o 09/07/2018 17:54

E máis éxito para o piragüismo galego a nivel internacional. Destacamos o ouro de Óscar Graña e Diego Romero no Campionato de Europa de maratón en Croacia. Os padexeiros de Pontevedra e Cuntis dominaron a proba desde o principio. Non deron opción aos rivais na cita na localidade croata de Metkovic. Unha hora, cincuenta e cinco minutos e trinta e tres segundos foi o tempo investido polos canoístas galegos.Para Óscar Graña, de corenta e dous anos, está a medalla número vinte e dous da súa carreira deportiva, a décima en europeos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/07/2018