CRTVG

Buscar

Òscar García: "Hai que ter os pés na terra e sermos conscientes de que o ano pasado había un equipo máis equilibrado"

Publicado o 29/09/2020 22:00

• O adestrador do Celta demanda fichaxes nunha entrevista en RAC1: "Aínda faltan algunhas pezas para termos un equipo moi competitivo"

Na semana do Barcelona e a seis días para que peche o mercado, Òscar García recoñece nunha emisora catalá que segue agardando reforzos."Aínda faltan algunhas pezas para termos un equipo moi competitivo. Pero de monento empezamos ben, e iso era moi importante para nós".

Òscar García: "Hai que ter os pés na terra e sermos conscientes de que o ano pasado había un equipo máis equilibrado que o deste ano".

Xornalista: "Pero tes equipo, non? Un equipo interesante como mínimo para conseguir a permanencia sen sufrir moito...".

Òscar García: "Ese é o obxectivo".

En Valladolid repetiu aliñación por primeira vez desde que chegou ao Celta: "Tes que valorar que cadro de xogadores tes, que cambios podes facer. Xa che digo, estamos esperando ao día cinco, que se acabe de conformar ben o plantel e mirar o futuro con optimismo".

Òscar García ve difícil recuperar a Rafinha: "Non é fácil. É unha situación complicada porque moitos equipos estamos ao límite salarial que pon a Liga. Son moitas ciscunstancias que se terían que dar, que a día de hoxe aínda non se deron".

Una das peticións é un nove. Só marca Iago Aspas. Son seus os tres tantos que leva o Celta esta temporada.

Noticias web

29/09/2020