CRTVG

Buscar

Óscar García: "Temos que centrarnos en nós, está nas nosas mans"

Publicado o 10/07/2020 20:49

O Mallorca recortoulle dous puntos o Celta esta xornada. Está catro por baixo e marca a zona de descenso: "Temos que centrarnos en nós, está nas nosas mans e dependemos de nós mesmos"

O Celta vai ao campo do Osasuna con Iván Villar na portería. Os minutos contra o Atlético de Madrid foron os primeiros en moitos meses sen competir do terceiro meta do Celta. Óscar García dálle toda a confianza: "Ten que estar tranquilo porque nós estámolo con el"

O Osasuna ten pechada a permanencia e perdeu co Betis: "Eles xa teñen conseguido o obxectivo"
Murillo quedou fóra da convocatoria por sanción.

Noticias web

10/07/2020