Óscar García, sobre as fichaxes: "Esperamos ter novidades pronto"
Publicado o 13/01/2020 19:56
• Araújo podería esta dous meses de baixa por lesión
O Celta segue sen confirmar a saída de Lobotka, que xa pasou recoñecemento médico co Nápoles. Á ausencia do eslovaco hai que engadir a de Néstor Araújo. O central mexicano sufríu unha escordadura de xeonllo no partido de copa ante o Mérida e podería perder varios partidos.
Tras a lesión de Araújo, Óscar García ve urxente fichar xogadores: "Co problema de Néstor quizais todo urxe un pouco máis pero sabemos que o mercado de inverno non é un mercado fácil. Estou sempre en contacto co club, vanme explicando todo como vai e esperemos ter novidades pronto", asegura o adestrador.