CRTVG

Buscar

Òscar García: "Seguirei traballando ata que me digan que pare"

Publicado o 02/11/2020 21:05

Òscar García: "Céntrome no Elxe. Seguirei traballando ata que me digan que pare"

Òscar García está no seu momento máis crítico. A derrota avultada conta a Real Sociedade amosou novos sinais de debilidade no equipo, no día en que Rubén volveu á portería. A defensa, que gañara solidez a temporada pasada, volveuse inconsistente.

Iago Aspas: "Necesitamos recuperalo para poder seguir sumando. Estamos recibindo moitísimos goles"

Òscar García relegou a Olaza do lateral esquerdo polo central xuvenil José Fontán. Pero o desencontro grave teno con Hugo Mallo, ata o punto de retirarlle a capitanía.

Òscar García: "Equivocouse varias veces e houbo que tomar unha decisión. No equipo decido eu. Os xogadores enténdeno e o club apóiame"

Aspas subiu un chanzo máis ao converterse no máximo goleador da historia do Celta en Primeira. Mal día para celebralo.

Aspas: "É un logro moi grande. Estou moi orgulloso."

Tamén lle botou un cabo a Òscar García. Dixo que se pasaron varios adestradores en dúas temporadas é que algo están a facer mal os xogadores.

Òscar García: "Estou moi contento desas palabras, pero hai que recoñecer que a responsabilidade é de todos"

Pero a solución adoita ser a cabeza do adestrador.

Noticias web

02/11/2020