Óscar García: "Nin antes eramos os mellores nin agora estamos entre os peores"
Publicado o 03/07/2020 21:21
Para Óscar García o partido contra o Betis ten a mesma importancia que tiña antes da derrota en Mallorca: "Se era importante antes, agora tamén"
O Celta estaba nunha boa dinámica, pero a goleada de Mallorca pode rompela. O adestrador fixo traballo psicolóxico: "Teño a sorte de estar sempre cos pés no chan. Nin antes eramos os mellores nin agora estamos entre os peores. Hai cousas que mellorar e imos facelo mañá"
O Betis está concedendo goles e achegándose á zona de perigo: "Igual que dixen co Barcelona, sempre espero a mellor versión do rival"
Cunha vitoria o Celta alcanzaría o Betis e xogará sabendo que fixo o Mallorca na súa visita o Atlético de Madrid.