CRTVG

Buscar

Óscar García: "O penalti marcou o partido, descentrounos"

Publicado o 01/07/2020 15:15

Óscar García Junyent, técnico do Celta de Vigo, empezou a conferencia de prensa posterior ao partido que o seu equipo perdeu 5-1 ante o Mallorca manifestando que "o penalti marcou o partido". "Ata ese momento estabamos a ter ocasións, pero iso descentrounos", engadiu o adestrador catalán, que, con todo, recoñeceu non querer escusarse na decisión do árbitro e facer autocrítica.

 

 

 

Noticias web

01/07/2020