CRTVG

Buscar

Òscar García non cre que unha vitoria en Mallorca sexa "definitiva"

Publicado o 29/06/2020 18:09

• O técnico celeste non fai contas de cantos puntos necesitarán para evitar o descenso

O adestrador do Celta de Vigo, Òscar García Junyent, afirmou que "a priori" non asina o empate no partido contra o Mallorca, aínda que admitiu que gañar na illa sería "un paso moi importante" para selar a permanencia na categoría porque se miden a un rival directo.

"Nós imos tentar gañar todos os partidos, sexa quen sexa. Xa o demostramos contra o Barcelona, que a pesar do empate fomos buscar o terceiro e tivémolo moi preto, no canto de quedar atrás. Somos un equipo que sempre sae a gañar. Despois tes que ler os partidos dependendo de como vaian", explicou.

O técnico celeste non fai contas de cantos puntos necesitarán para evitar o descenso, e insistiu en que un triunfo en Mallorca non sería "definitivo" porque aínda quedarían cinco partidos.

 

Noticias web

29/06/2020