CRTVG

Buscar

Óscar García marcou dous goles en Balaídos en 1997

Publicado o 05/11/2019 17:07

Óscar García xogou co Barcelona varias veces en Balaídos. En maio de 1997 asinou a súa mellor actuación. Marcou dous goles. O Barcelona venceu un-tres en partido correspondente á xornada trinta e oito daquel campionato. Robson era o técnico do Barcelona. Co Barcelona xogaba Ronaldo, pero a estrela aquel día foi Óscar García.

Aquela liga gañouna o Real Madrid e o Celta salvouse na última xornada. Diezma foi o porteiro do Celta. Ronaldo centrou para Oscar Garcia e na outra acción Oscar Garcia recibe de Amunike.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/11/2019