CRTVG

Buscar

Óscar García: "É máis importante a saúde das persoas que o fútbol"

Publicado o 13/03/2020 14:53

Tamén dixo que os xogadores están informados das recomendacións

A Federacion Española de Fútbol recomendou suspender os adestramentos colectivos. O Barça xa non se adestrou esta mañá e o Celta fixo hoxe o seu último adestramento.

Os celestes esperan agora novidades sobre o que vai acontecer a curto e medio prazo. Óscar recoñece que antes que o fútbol están as persoas. Os xogadores están informados e terán un plan específico de traballo.

 

Noticias web

13/03/2020