CRTVG

Buscar

Óscar García asume o reto de recuperar o Celta: "A iso vimos, a sacar moitos puntos"

Publicado o 05/11/2019 20:45

Antes de presentarse na Madroa, Óscar García asinou o contrato na sede do Celta canda o presidente, Carlos Mouriño. O adestrador aterrou en Santiago pola mañá coa negociación sen pechar, pero con toda a disposición para chegar a un entendemento e dirixir un equipo que lle enche o ollo: "Hai bos xogadores".

Non houbo sorpresas. Óscar García xa dirixe o Celta e asume o reto de sacalo da zona de descenso: "A iso vimos, a sacar moitos puntos".

Hai 22 anos, o mediapunta Óscar García viviu unha tarde triunfal en Balaídos. Asinou dous goles na vitoria por 1-3 do Barcelona de Boby Robson e Ronaldo. A escola blaugrana marcouno futbolisticamente. E alí vai ser a súa estrea como técnico da Liga, o sábado, co Celta, no banco visitante do Camp Nou.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/11/2019