Óscar García afronta a súa semana máis crítica no Celta
Publicado o 03/11/2020 13:49
O adestrador do Celta vive a súa semana máis complicada desde que chegou a Vigo.
Esta mañá o equipo adestrouse na Madroa para preparar o partido do próximo venres en Elxe. Na sesión puidemos ver a Hugo Mallo, xa recuperado, participando nos rondos.
Veremos se Óscar volve contar co de Marín para o lateral dereito. O partido ante o Elxe pode ser unha final para o míster. O Celta leva seis xornadas sen gañar, seis xornadas en que só logrou sumar dous puntos.